Quedlinburg é unha cidade de Alemaña do Land de Saxonia-Anhalt. En 2011 tiña 22137 habitantes. Quedlinburg é o principal conxunto de casas de vigas tramadas de Alemaña, polo que o conxunto formado pola colexiata, o castelo a a cidade vella de Quedlinburg foi declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade no ano 1994.[1] A cidade conta cun conxunto, único no mundo, de mil duascentas casas con trabes tramadas, que foron construídas ao longo de seis séculos, ao redor da praza do mercado, coa Casa Consistorial (barroca), o castelo e a igrexa diocesana, co tesouro catedralicio.
A cidade de Quedlinburgo foi unha das capitais do Sacro Imperio Romano Xermánico en tempos da dinastía saxoa ou dos otónidas. Desde a Idade Media converteuse nunha próspera cidade de mercadores. O número, a calidade e o estado de conservación dos seus edificios de trabes tramadas fan dela un exemplo excepcional de cidade europea medieval. A colexiata de San Servasio é unha obra mestra da arquitectura románica.[2]